Wednesday 01 de May de 2024

Rescate no Parrote


A muller que foi rescatada hai unhas semanas no Parrote por un funcionario municipal e un policía local achegouse esta mañá para lles agradecer o xesto nun reencontro moi emotivo. A veciña da Cidade Vella caeu na auga cando paseaba coa súa filla a primeira hora da mañá. A pouca visibilidade e un mal movemento desencadearon o incidente, que non acabou en traxedia grazas a que ambos a socorreron rapidamente coa axuda dun segundo axente. Unha vez que os servizos médicos a trasladaron ao CHUAC, ingresou na UCI, pero a súa evolución foi favorable e en todo este tempo recuperouse sen secuelas.